Visitas


Visitas hoy:1
Visitas ayer:5
Visitas este mes:15
Visitas totales:1386
Impresiones hoy:29
Impresiones ayer:51
Impresiones del mes:181
Impresiones totales:13600

Etimoloxia de"Prado"

Imprimir PDF

Etimoloxía.- Do latín Pratu: Terreo onde se deixa medrar a herba para pasto de gando ou para forraxe.

Lugares.- Atopan-se aldeas con este nome nas freguesias de Salgueiros (Dumbria), Papucín (Frades), Morquintián (Muxia), Vilaquinte (Carballedo), Santa Locaia (Castro de Rei), Trasparga (Guitiriz), Nosa Señora dos Remédios (Mondoñedo), Muras (idem), Atán (Pantón), Brosmos (Sober), Sante (Trabada), Magazos (Viveiro), Podentes (A Bola), Priegue (Nigrán), Sobrado do Bispo (Barbadás), Xurenzás (Boborás), Prado (Castrelo de Miño), Prado de Salas (Muiños), Alonso (Toen), Prado (A Veiga), Prado (Vilar de Barrio), Vilar (Crecente), Castro (A Estrada), Morgandáns (Gondomar), Prado (Lalín), Vide (As Neves), Cuiña (Ortigueira), A Ermida (Quiroga) e Soutopenedo (San Ciprián das Viñas). Como O Prado: aldeas nas freguesias de Nebra (Porto do Son), Sande (Cartelle) e O León (Vilamarín).
Freguesias co devandito nome nos concellos de Friol, Lalín, Ponteareas, O Covelo, Vilar de Bárrio e Castrelo de Miño.

Distribución no País Galego.-
Província da Coruña: 357 abonados
Província de Lugo: 358 abonados
Província de Ourense: 190 abonados
Província de Pontevedra: 447 abonados
En Portugal: Moi espallado

Familias.-
1. Mateo de Prado: nado en Cumbraos (Sobrado) a comezos do XVII e finou en Compostela o 27.08.1677.
2. Melchor de Prado y Mariño: nado en Compostela cara 1770 e falecido na Coruña en 1834.
3. Casiano de Prado y Vallo: nado en Compostela o 13.08.1797 e falecido en Madrid o 04.07.1866. Fillo de Melchor de Prado.

HERÁLDICA
Liñaxe.- Liñaxe galega, que a pesares das lendas existentes, aparece por veez primeira en 1115 no Concílio de Uvieu-Oviedo co cabaleiro Martín Diaz de Prado. Tivo casas solarengas nooutros lares da península ibérica. No Reino da Galiza tivo casas solarengas en:
1. Friol. Pertenceu a esta casa Antonio Prado y Ulloa, Señor da Casa de Prado de Friol. Que cruzou cabaleiro da Orde de Santiago en 1666.
2. Buín (San Xulián do Campo). Proceden de Friol. José de Prado y Losada, natural do Pazo de Buin, ingresa na Orde de Santiago en 1747. O seu primo Baltasar de Prado y Ulloa, tamén do emso lugar, foi tenente coronel do exército e governador eleito de Villanueva de la Serena (Badaxoz), e xunto co seu irmán Roque de Prado y Ulloa, ingresan na Orde de Alcántara no 1747; un dos seus descendentes, Benito Prado Ulloa de Ugarte, é feito Barón de Casa de Buin en 1830.
3. Ombreiro (Lugo). Pertenceu José Maria de Prado Neyra y Pardo, ao que se lle concede o 01.12.1817 os títulos de vizconde de Parada e marqués de San Martín.
Pedras armeiras.-
1. En campo de sinople, un león de sable, coroado de ouro, lampasado de goles, e fallado de ouro; bordura de prata, con este lema en letra de sable: ET SI OPORTUERIT ME MORI TECUM NON TE NEGABO.
2. En campo de ouro, un león rampante, de sable.
3. En campo de ouro, un león, de sable, empinado ao tronco dunha árbore de sinople; acompañado do caron destro dunha fouce de prata, co mangom de sable, clavada ao pé do tronco.

Vicente de Cadenas y Vicent, no Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica:
4. En campo de prata, unha gadoupa de león, de goles.
5. En campo de goles, 5 torres, de prata, postas en aspa.

Bibliografía.- Páginas-Blancas de España (só 1º apelido), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Diccionário Xerais e Enciclopédia Galega.

Comentário persoal.-. Trata-se dun apelido galego con várias orixes espalladas polo País. Aconsella-se ver o apelido Prada.

 

Fonte: http://www.xenealoxia.org/