Artigos

Capela da Santa Lucía

Escribido por Super User on . Posted in Lugares


O acceso realízase pola estrada N-525 de Lalín a Silleda. Ó chegar a Prado, parte unha nova estrada cara Golmar. A ermida atópase ás aforas de Vilar do Río.
Posúe unha única nave cun corpo arrimado na cabeceira de moito maior volume e un pórtico cuberto cuns bancos de madeira. A ermida é totalmente de pedra e destaca na súa fachada principal o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho.
Observacións: Realízase nesta ermida unha famosa romaría.